Friday 20 de September de 2024

Obradoiro de mantemento de PC na Casa da Mocidade Portaberta


O próximo 31 de maio, de 17:30 a 19:30 horas, terá lugar unha nova actividade en Portaberta (Santa Cruz) para xuventude entre 14 e 30 anos: obradoiro de mantemento de ordenadores.

A actividade será impartida polo alumnado do IES Urbano Lugrís.

A inscrición nas actividades é gratuíta e finaliza o domingo anterior á realización da mesma.

Información e inscricións en centrosmocidadeoleiros.wordpress.com e teléfono 981614083.